Esta fin de semana faranse as dúas últimas saídas do programa O teu Xacobeo
24 sep 2021 . Actualizado a las 15:01 h.Por segundo ano, Cruz Vermella participa no proxecto O teu Xacobeo co obxectivo de fomentar a inclusión e participación activa dos colectivos que atende a oenegué: voluntariado, xuventude, persoas maiores, inmigrantes... A iniciativa está promovida e financiada pola Xunta de Galicia e conta cunha aportación de 15.500 euros.
Os participantes percorreron diferentes variantes do Camiño, pasando polos concellos de Pontevedra, Tui, Catoira, Cambados e a Illa de Arousa, entre outros.
Foron un total de 14 saídas repartidas entre o 15 de maio e o 25 de setembro de 2021. As últimas saídas faranse este venres e sábado. Hoxe saiu n autobús dende Vilagarcía rumbo a Santiago para xuntarse cos grupos de, A Estrada, Pontevedra e Lalín.