Charla en Vilagarcía sobre o impacto do consumo de pornografía entre os menores

P. Penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARCOS CREO

A Federación de ANPA de Pontevedra ofrecerá a vindeira semana un encontro cunha educadora social para aconsellar a nais e a pais dos perigos de non educar os seus fillos na materia

05 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A Federación de Asociacións de Nais e de Pais de Alumnos de Pontevedra ofrecerá o vindeiro xoves, día 11, unha charla en Vilagarcía de Arousa sobre o impacto do consumo de pornografía infantil nos menores. Será no Espazo Xove, desde as 19 horas.

Lucía Pereda, educadora social e axente de igualdade, explicará, entre outras cuestións, a necesidade de que os pais falen cos seus fillos e fillas sobre a pornografía en canto estes teñan acceso a internet, a fin de poñelos en cautela ante a proliferación de cada vez maior número de contidos de sexo na rede e de maior dureza, sobre todo de cara a muller. Os interesados poden inscribirse na charla ata o día 10 enviando o seu nome e número de contacto á dirección de correo electrónico actividades@nontedurmas.org.