Taekwondo para pequenos deportistas en Vilagarcía

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

Martina Miser

A escola inantil municipal desenvolve a semana do deporte nas instalacións da propia gardería

29 may 2024 . Actualizado a las 20:06 h.

A escola infantil municipal de Vilagarcía está do máis activa. Ao longo destes días, o centro celebra a súa semana do deporte. Onte, Miguel Cuevas, do Ximnasio Olimpic, amosou aos pequenos alumnos os primeiros pasos dunha disciplina tan espectacular coma o taekwondo, que capturou toda a súa atención. Hoxe toca capoeira, a cargo do ximnasio Dojo Berserker, e o xoves, a visita do Centro Galego de Vela. A iniciativa rematará o venres, cunha sesión de ioga para crianzas que dirixirá unha monitora do ximnasio Arousa Fitness Center