Bendición de San Antón para trinta canciños e cadelas dende Santa Baia
VILAGARCÍA DE AROUSA
O párroco de Vilagarcía, don Xosé, cumpriu coa tradición, pedindo paz e saúde para as mascotas e para os seus donos
18 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Cada ano, en torno ao 17 de xaneiro, unha congregación moi particular toma o adro da igrexa de Santa Baia, en Vilagarcía. Un bo número de mascotas, acompañadas polos seus propietarios, agardan a saída de don Xosé, o cura párroco, para que proceda á bendición na honra de San Antón Abade, con motivo da súa onomástica.
A tradición concede ao santo unha especial protección sobre os animais domésticos e o gando. Cando algún pucho se perdía no monte, os responsos para pedir pola súa aparición no se dirixían a ningunha outra figura. Non faltou don Xosé á cita, celebrada onte, que contou cunha trintena de mascotas, todas elas cans e cadelas. Como o crego subliñou, a petición de paz e saúde non só reza para os compañeiros peludos, senón tamén para os seus donos.