Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Aberto o prazo de matrícula na escola infantil municipal de Vilagarcía

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

As familias interesadas deberán presentar as súas solicitudes antes do 15 de abril

21 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o vindeiro 15 de abril, as familias que o precisen teñen aberto o prazo para a matriculación de novos alumnos na escola infantil municipal para o curso vindeiro curso. As familias poden presentar as solicitudes ata o vindeiro 15 de abril a través da sede electrónica ou presencialmente no rexistro do Concello.

O curso escolar iniciarase o 9 de setembro de 2025 e rematará o 29 de agosto de 2026. O horario de apertura da escola é de luns a venres de sete e media da mañá ata as oito da tarde. Non obstante, podería variar en función da demanda e das necesidades de conciliación familiar e laboral debidamente acreditadas. Ademais, a xornada pode ser continua, partida —roldas de mínimo tres horas repartidas entre mañá e tarde— ou por quendas —en función de motivos persoais ou laborais—. Tamén pode ser a media xornada.

Para facer a matrícula, os interesados poden descargar e cubrir o formulario 03003 na Sede Electrónica (sede.vilagarcia.gal) e presentalo a través de instancia xeral ou facer o trámite presencialmente no Concello. Nas bases están indicados os documento a aportar se fose necesario, por exemplo, o carné de familia numerosa, partes médicos por enfermidades cónicas, certificados de discapacidade.