Os clubs da zona recibiron no 2021 máis de 600.000 euros da Xunta
VILANOVA DE AROUSA
PolideportivoO delegado de Deportes informoulles en Vilagarcía aos interesados da apertura da liña do 2022
01 feb 2022 . Actualizado a las 05:00 h.Un total de 616.817 euros. Este é o diñeiro que a Secretaría Xeral para o Deporte distribuíu o ano pasado entre 78 clubs do sur da ría de Arousa e do interior do Salnés. Unha cifra que expuxo o xefe provincial de Deportes da Xunta, Daniel Benavides, durante a súa xuntanza na tarde de onte con representantes das entidades beneficiadas nas instalacións do Centro Galego de Vela de Vilagarcía.
Foi Benavides, e non como estaba previsto nun principio o delegado territorial da Xunta, Luis López, quen lles trasladou aos clubs os requisitos para poder acceder ás novas liñas de axudas da administración autonómica para o presente ano, cuxo prazo de solicitude permanecerá aberto ata o vindeiro luns, 7 de febreiro. Actividade ordinaria, gastos derivados do covid-19, reactivación e equipamentos son as materias subvencionables.
Respecto ao diñeiro distribuído o ano pasado pola Secretaría Xeral para o Deporte, 230.000 euros repartíronse entre 28 clubs de Vilagarcía: AD Cortegada, Arousa SC, Atlético Arousana, Basket Base Club, Xadrez Fontecarmoa, Os Ingleses, Baloncesto Vilagarcía, Club Olimpic, San Martín FC, Vilagarcía SD, CR Vilaxoán, CD Bamio, Escola Deportiva Arousa, AD Arousa Fútbol 7, Salvamento Vilagarcía, Natación Vilagarcía, Agrupación Atlética Mazí, Deportivo Pérez-Sub, Asociación Vilagarcía Esgrima, Depornáutic Arousa, Ximnasia Rítmica Vilarousa, ADC Raspa, Club de Balonmano Arousa, CD Vilagarcía Tenis de Mesa, Club Kenpo, Atenas Running, Motoclub VFM e Club Triatlón Vilagarcía.
Unha ducia de entidades do Grove recibiron 90.000 euros: Breogán, Rasoeiro, Mecos, UD O Grove, Amanecer, C.B. O Meco, Club Baloncesto O Grove, Biqueira, Ría de Arousa, Real Club de Golf de A Toxa, Wai Pia-Grove Surf e Club Hípico A Jranxa.
De Cambados foron 10 os clubs subvencionados, con 51.000 euros: C.B. Xuventude, Juventud Cambados, Voleibol Cambados, Cambados Gaélico, Grand Jeté, Cambados Tenis de Mesa, Judo Senín, Piragüismo Cambados e Innae.
Completan a listaxe arousá o Piragüismo Illa de Arousa, ACD Dorna, Vilarousa Gimnasia, Ximnasia Rítmica Arousa, Céltiga e Kiteboarding Galicia da Illa (37.000 euros en total), a EFB Vilanova, Club Tenis El Rial, UD San Miguel de Deiro e SD Chispa de Corón de Vilanova (9.300 euros), o CD Ribadumia, Umia FC, Club Ciclista Ribadumia e Club Náutico O Muíño de Ribadumia (85.000 euros), o Asmúbal Meaño, Unión Dena, Galega Cetrería e ACD Grupo de Amigos de Meaño de Meaño (37.000 euros); e o Armenteira e Punto, CD Mosteiro e Chan do Fento de Meis (9.717).
Polo que respecta ao Baixo Ulla, estes foron os clubs subvencionados pola Xunta: Club Náutico Pontecesures, Baloncesto Río Ulla, Club Deportivo Ulla Pontecesures e Pontecesures CF de Cesures (31.000 euros en total), o Cordeiro CF, Furia Athletic Club e Club Tenis Valga de Valga (9.800); e o Club de Piragüismo As Torres e Kennel Deportes en Espazos Naturais de Catoira (27.000 euros).