DENDE FÓRA | O |
11 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.DEBERÍA SER que os máis venturosos por festexar o sesenta aniversario do desembarque de Normandía fosen aqueles países que viron afastados os perigos dun tolo dirixente alemán. Pois non. Os arroutos máis entusiastas atopábanse nos xornais de Marrocos. E non era para menos, xa que o festexo europeo viña cun agasallo norteamericano para o rei alauita, ao ser considerado como o único aliado preferinte no Magreb. O problema marroquí era que o 10 de abril do 2002, Colin Powell e Josep Piqué asinaron en Madrid un convenio en materia de armamento moi semellante ao que os EE.?UU teñen cos seus principais aliados, como Inglaterra ou Canadá. Co aluguer das bases yanquis, España tiña garantido o arranxo de certos problemas, que todo o mundo coñece, polo flanco sur. Nin a Alfonso Guerra, naqueles quenturentos intres de política anti-OTAN, que logo tanto desvelaron a Felipe González, se lle ocorrirían as meteduras de pata de Zapatero. Por certo, gustaríame ter visto ao señor Rodríguez Zapatero convidado polo seu amigo Chirac no evento, aínda que espero que siga vindo a Porto do Son. O señor Gerhard Schróder sí que estaba.