ACTOS PARA HOXE | Catro escritoras dan a súa visión sobre o eido da literatura

La Voz

BARBANZA

20 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

As conferencias previstas para hoxe no marco da Semana da Cultura teñen como finalidade analizar a relación das mulleres coa literatura. A representante de Barbantia Mila Torrado será a encargada de presentar o acto, que comezará ás oito e media do serán na casa de cultura Ramón Martínez López. Está previsto que interveñan as escritoras Teresa Moure, María do Cebreiro, Marica do Campo e Dolores Vilavedra. Pechará a xornada unha actuación poético-musical, que correrá a cargo de Estíbaliz Espinosa. Os alumnos do Bacherelato de Artes do Instituto Praia Barraña terán a posibilidade de asistir hoxe a outra conferencia. Será ao mediodía, no centro educativo, e estará protagonizada pola pintora Berta Álvarez Cáccamo.