César Alberto Vale chegou a Ribeira dende Oporto hai un ano, gustoulle o lugar e decidiu abrir un restaurante de comida para levar. Dende aquela, no seu local pódense encargar e degustar riquísimos pratos a un prezo moi alcanzabl
e.
-¿Cando empezou a traballar na hostalería?
-Empecei cando cheguei a Ribeira. En Portugal teño unha fábrica de fío, algo totalmente diferente.
-
¿Onde se atopa o seu establecemento na cidade?
-Está ben situado, en pleno centro de Ribeira, detrás do concello, é dicir, fronte á Policía Local.
-
¿Cal é a especialidade do seu restaurante?
-A especialidade da casa é polo á grella con patacas, costela e bacallau á portuguesa. O que nós intentamos ofrecer é unha comida rápida alternativa ao bocadillo, a bo prezo.
-
¿Cal é o perfil de cliente?
-Vén xente de todo tipo. Basicamente é xente sen demasiado tempo para cociñar. Ás veces, facer a comida na casa sae máis caro que comprala. Por exemplo, un polo asado con patacas vale 8 euros, e con iso comen dúas persoas. Todo é cuestión de encargar e recoller a comida. Se non tés tempo para cociñar, creo que é unha cuestión que compensa.
-
¿Como vai o negocio?
-De momento ben, aínda que son consciente de que o restaurante ten pouco tempo e aínda hai moita xente que non o coñece.