«Coma os médicos, os avogados temos a vida da xente nas nosas mans»

María López García
María López RIBEIRA/LA VOZ.

BARBANZA

26 ago 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Leticia Gude é unha ribeirense de 26 anos que se está iniciando no mercado laboral da avogacía. Dende o pasado mes de abril, está traballando de pasante en Santiago, no despacho de Elías Lamelas, Marcos Diéguez e Iván Núñez Amor. De momento, está encantada co seu traballo.

-¿Como se decidiu a estudar Dereito?

-Eu penso que é a miña vocación, pero tardei en descubrila. Cando terminei COU, fixen un ciclo relacionado con aplicacións informáticas, gustoume e termineino, pero aquilo non era o meu. Desde sempre me gustaron máis as letras.

-¿A xente que termina Dereito teno complicado para introducirse no mercado laboral?

-A verdade é que si, e isto empeorará cando a nova lei entre en vigor. De momento, a xente que remata acóllese a dúas alternativas: intentar ser pasante ou pagar para facer prácticas na Escuela de Práctica Jurídica, isto último será obrigatorio dentro duns anos, xa non chegará con licenciarse. Hai unha minoría que decide montar un despacho sendo recentemente licenciado, pero a min non me parece correcto. Nun sentido diferente, coma os médicos, os avogados temos a vida da xente nas nosas mans.

-Dígame un consello para diferenciar aos bos avogados dos malos.

-Uf... en principio hai que estar moi pendentes das datas, a veces os avogados deixan os casos aparcados.