Marta Domínguez: «Facer una boa separación en orixe supón un beneficio para o medio ambiente a para todos»

La Voz

BARBANZA

CEDIDA

É responsable das áreas de Calidade, Medio Ambiente e Educación Ambiental da planta de reciclaxe de Servia, «e todas xogan un papel moi importante na correcta xestión do complexo», destaca

26 sep 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

É responsable das áreas de Calidade, Medio Ambiente e Educación Ambiental da planta de reciclaxe de Servia, «e todas xogan un papel moi importante na correcta xestión do complexo», destaca Marta Domínguez, cuxo principal obxectivo é concienciar á poboación de que «facer unha boa separación en orixe supón un beneficio para o medio ambiente e para todos».

-¿É difícil cambiar os hábitos de reciclaxe da poboación?

-Eu sempre afirmo que é necesario chegar a todos os ámbitos de idade, porque cambiar os hábitos non é cousa dos máis pequenos. A xente maior ten o recordo da época na que se producían poucos residuos, entón é doado explicarlles que hai unha sección de fraccións do lixo que producimos a diario que teñen a posibilidade de ter outra vida e de ser reciclados. De feito, entenden perfectamente a reciclaxe dos restos de comida, do que se fixo toda a vida nas casas.

-Separar correctamente segue sendo unha materia pendente.

-Si, desde logo que é unha materia pendente. No caso do Barbanza facemos moito fincapé no que nos diferenza do sistema de xestión de residuos do resto de Galicia, un sistema baseado na reciclaxe de todas as fraccións incluída a materia orgánica (o resto de comida, follas e demais). A materia orgánica é a metade do lixo que producimos a diario, e é precisamente a fracción máis fácil de reciclar, incluso a poderíamos aproveitar na nosa casa facendo compós. É unha fracción que hai que separar correctamente para que na planta poidamos facer ese compós de calidade.

Domínguez coordina as áreas de Calidade, Medio Ambiente e Educación Ambiental