Chegou o momento. Os alcaldes galegos, e non galegos, saen cara a Madrid. Agárdalles a Feira Internacional de Turismo, a máis grande do mundo
22 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Chegou o momento. Os alcaldes galegos, e non galegos, saen cara a Madrid. Agárdalles a Feira Internacional de Turismo, a máis grande do mundo. Non hai momento do ano onde se encontren tantos representantes políticos, alcaldes, concelleiros, deputados, senadores, presidentes de cabidos e deputacións, conselleiros, ministros, secretarios de estado, representantes de outros estados con categorías de presidentes de goberno ou ministros acompañados do corpo diplomático acreditado en España. Todos teñen un fin: a promoción para convencer a operadores multinacionais, compañías hoteleiras, compañías de aviación, grupos editoriais específicos do sector, centros de formación en turismo e hostalaría, compañías consultoras internacionais, xornalistas... das bondades dos seus países, comunidades e concellos para captar viaxeiros.
Días previos, as patronais do sector lanzan cifras para que nos decatemos da importancia dunha industria que achegou 207.763 millóns de euros á economía española, representando o 13,4 % do PIB, cun crecemento do 6,5 % con respecto ao 2023. En Galicia, segundo a Xunta, no 2024 acadamos preto de sete millóns de turistas, o que significou 413 millóns de euros en ingresos hoteleiros.
Os alcaldes da Mancomunidade Barbanza Arousa acudirán e falarán de turismo rural, sostibilidade, xeodestinos, turismo náutico, pero non dirán nada de investimentos de compañías hoteleiras nos seus concellos, continuando coa escaseza de prazas, factor limítante do desenvolvemento deste sector nas comarcas da Barbanza e Muros-Muros.