Xoán Fernández, A Pousada e Ana Romaní, premios Barbantia da Cultura 2019

Ramón Ares Noal
MONCHO ARES RIBEIRA / LA VOZ

BOIRO

marcos creo

Os sereos serán entregados o vindeiro sábado 14 na Casa da Cultura Ramón Martínez López, de Boiro, onde se presentará tamén o décimo quinto Anuario de Estudos do Barbanza

07 dic 2019 . Actualizado a las 12:01 h.

A Asociación Cultural Barbantia desvelou os premiados cos sereos do ano en curso: o pintor de Palmeira Xoán Fernández, no apartado de Traxectoria Cultural no Barbanza; a sala de concertos de Boiro A Pousada da Galiza Imaxinaria, pola Iniciativa Cultural no Barbanza; e a xornalista, poeta e académica galega, a noiesa Ana Romaní, no eido da Cultura Galega. 

MARCOS CREO
 

Os tres galardoados recollerán os sereos que acreditan a condición de premiados no transcurso dun acto que se celebrará o vindeiro sábado, 14 , na Casa da Cultura Ramón Martínez López, en Boiro.

MONCHO ARES

A entidade informou de que á gala teñen confirmada a asistencia, en representación da Consellería de Cultura e Turismo, o director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo Suárez; o secretario xeral de Políticas Culturais, Valentín García Gómez; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; un representante da Deputación da Coruña, o alcalde de Boiro, José Ramón Romero García, así como homólogos da contorna, e personalidades do mundo da cultura comarcal, provincial e galega.

MARCOS CREO

O acto vai ser presentado por Esther Carrodeguas, dramaturga e escritora de Rianxo, e no apartado musical intervirá a Banda Municipal de Música de Boiro. No mesmo, presentarase o XV volume Barbantia. Anuario de Estudos do Barbanza.