Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Teresa Castelao, o cordón umbilical que mantiña ao escritor unido a Galicia

Ana Lorenzo Fernández
Ana lorenzo RIBEIRA / LA VOZ

RIANXO

Rianxo lembrou a memoria de Teresa Castelao
0 seconds of 3 minutes, 4 secondsVolume 90%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
00:00
03:04
03:04
 
Carmela Queijeiro

Unha misa e unha ofrenda floral serviron para conmemorar os 25 anos do pasamento da irmá do galeguista rianxeiro

24 mar 2025 . Actualizado a las 20:26 h.

Faleceu con máis de 100 anos, pero Teresa Rodríguez Castelao non tivo nunca unha vida sinxela. Naceu en Arxentina, a onde emigrara primeiro o seu pai e logo toda a familia en busca dunha oportunidade de futuro. De regreso a Rianxo pasarían uns anos relativamente tranquilos, ata que a Guerra Civil puxo todo patas arriba e a derrota do bando republicano fixo que fosen perseguidos polo réxime franquista e que o seu querido irmán, Alfonso Daniel, marchara exiliado para nunca máis volver.

«Era unha muller da súa casa, que nunca o tivo doado. Non tiña ningún tipo de pensión e foi a familia Baltar a que sempre a axudou», lembra Francisco López, secretario xeral do Partido Galeguista. Recorda con cariño a súa relación con Teresa Castelao e todos ese anos que ía a visitala a miúdo e que sempre pedía que lle lera as cartas que durante anos intercambiou co seu irmán.

Ela, ao igual que moitos dos seus familiares, apenas podía ver, e por iso aproveitaba cada reunión para volver a escoitar aquelas palabras que lle chegaran desde Bos Aires. Aínda que Teresa faleceu cun século de vida, tiña a mente moi lúcida e sempre foi o «verdadeiro cordón umbilical» de Castelao con Galicia e coa súa familia, segundo explica Francisco López, impulsor do acto homenaxe que hoxe tivo lugar en Rianxo, e que contou co apoio do Concello e das entidades galegas de Alén Mar de Arxentina e Uruguai.

 No fallado

A idea desta iniciativa xurdiu porque este 2025 se conmemora o Ano Castelao e se cumpren 25 do pasamento da súa irmá Teresa, dous motivos que levaron a celebrar primeiro unha misa na súa honra na igrexa de Santa Columba, para logo realizar unha ofrenda floral diante da súa tumba.

Javier Baltar foi un dos participantes e aproveitou para contar unha curiosa anécdota sobre a elección do nicho onde quería repousar Teresa. Nun principio sempre dixo que ía estar no do medio, xusto enriba da tumba da súa irmá Josefina. Sen embargo, cando faleceron os seus curmáns, ela dixo que «os meteran a eles no medio que ela ía para o fallado». Xunto con Baltar tamén estiveron o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; o secretario xeral do Partido Galeguista, Francisco López, e o sacerdote Marcelino Sánchez.