O Simposio Pondaliano viviu a súa despedida máis poética

á. palmou CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

A Fundación Pondal recoñeceu o traballo cultural que desenvolve La Voz de Galicia.
A Fundación Pondal recoñeceu o traballo cultural que desenvolve La Voz de Galicia. j. m. casal< / span>

Un recital infantil puxo o punto final a un mes de actos en Ponteceso

31 oct 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Houbo discursos, aplausos e parabéns. Pero, sobre todo, moita poesía. Despois dun mes de actividades o Simposio Pondaliano puxo onte o punto final ás súas actividades sen renunciar ata o último minuto ao seu afán de promover a cultura galega e facela chegar a un público o máis amplo posible.

Houbo poesía xa pola mañá na inauguración do miradoiro de aves da ensenada da Insua; e tamén a houbo, claro está, nos versos de Pondal convertidos na letra do Himno galego cos que o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, charlou cun grupo de alumnos do instituto, así como nas obras dos primeiros poetas galegos que centraron a súa intervención posterior ante os participantes no corpo central do Simposio. Tampouco faltou a poesía na coidada posta en escena inspirada nos versos de Celso Emilio Ferreiro coa que a un grupo de nenos de entre oito e doce anos puxeron o broche de ouro final a esta iniciativa.

E sen ser poesía, tamén houbo palabras de agarimo cara a entidade pontecesá por parte da deputada provincial Zaira Rodríguez e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen non dubidou en destacar á Fundación Eduardo Pondal coma «un referente da riqueza cultural, literaria e lingüística de Galicia» polo labor «verdadeiramente encomiable» que realiza.