O presidente de Íntegro fai un chamamento para participar nunha rodaxe que celebrarán mañá na Praza do Pendón
13 jul 2014 . Actualizado a las 07:00 h.A asociación Íntegro, que preside Adolfo López Baña, grabará mañá na Praza do Pendón, en Cabana, unha secuencia dunha curtametraxe a prol dos dereitos humanos. O documental, que leva por título Acéndete, estase elaborando en colaboración coa productora Illa Bufarda e ten por obxectivo concienciar á sociedade sobre os dereitos das persoas con diversidade funcional. E ademais, o que participe, terá premio. As duascentas primeiras persoas que cheguen á praza recibirán unha camiseta como agasallo. Os interesados en participar aínda están a tempo de apuntarse escribindo ao correo electrónico info@integro.es ou no número de teléfono 981 734 985. Antes de celebrar este acto, Adolfo López someteuse ao terceiro grao.
-¿Verbena ou foliada?
-Foliada.
-¿En que concello naufragou o barco Serpent?
-Camariñas.
-¿Mar ou río?
-Uf... unha elección difícil. Unha desembocadura.
-¿Quen foi Bernal Eans de Moscoso?
-Foi unha personaxe bastante importante da Costa da Morte, creo que da zona de Vimianzo.
-¿Facer sendeirismo ou deitarse ao sol?
-Prefiro sendeirismo, iso si, por rutas adaptadas.
-¿Quen escribiu Queixumes dos pinos?
-O bardo Pondal.
-Completa a frase: «As nenas de Camariñas...»
-Quedan no río lavando.
-¿Praia téxtil ou nudista?
-Unha nudista.
-¿Churrascada ou sardiñada?
-Algo mixto.
-¿Canto tempo hai que non pon unha tixola ao lume?
-Onte.
-¿Quen pronunciou a frase «As pedras son pedras»?
-[...].
-¿Lagostino ou cigala?
-Cigala.
-En que país estivo emigrado Fernando Blanco?
-En Arxentina, creo.
-¿Inverno ou verán?
-Prefiro o verán porque na zona onde estamos xa temos inverno dabondo.
-¿Quen inventou o futbolín?
-Alguén de Fisterra, pero agora mesmo non me lembro do nome.
-¿Onde naceu Alfredo Brañas?
-En Carballo.
-¿Que libro está lendo agora?
-Estou con dous: El principito e Vivir el sexo, el hombre que aprendió a vibrar, de Francesc Granja.
-¿Onde prefire rematar o Camiño? ¿En Fisterra ou en Muxía?
-Creo que esta resposta xa a deron, pero opto empezar en Muxía e rematar en Fisterra.
verano sin tregua