O presidente da Peña Royal di que ás veces é moi claro falando, o que considera unha virtude máis que un defecto
16 jul 2014 . Actualizado a las 07:00 h.Aínda ule a sardiña en Caión pola festa do pasado sábado, pero a Peña Royal xa traballa arreo nas celebracións do Corpus e do Carme, que se celebrarán esta fin de semana. A súa alma máter, Manel Raposo, lembra que, ademais, teñen por diante a Festa do Mexillón, a Travesía do Xamón e a romaría dos Milagres. E de paso, responde a este cuestionario do terceiro grado.
-¿Por que actividade humanitaria destacou O Rubio de Camelle?
-Por salvar a moita xente dos naufraxios no mar.
-¿Verbena ou foliada?
-Verbena.
-¿Cal foi o primeiro faro electrificado de España?
-O de Camariñas.
-¿Cando foi a última vez que puxo unha tixola ao lume?
-Hoxe (por onte).
-¿Cal é o produto máis famoso do verxel de Bergantiños?
-A pataca.
-¿Un defecto?
-Os defectos ás veces son virtudes... Son demasiado claro falando e algunhas veces arrepíntome. E máis levando tanto tempo na comisión de festas.
-¿Cal é o punto máis occidental de Galicia?
-Fisterra.
-¿Que templo podería ter o tellado de ouro se quixera?
-O de Muxía.
-¿Que libro está lendo agora?
-No verán adoito ler o Reader?s Digest, unha revista que había antes nas bibliotecas, con relatos e artículos que entreteñen moito.
-¿Que dous lugares do Concello de Zas teñen nome de hortaliza?
-...
-¿Un soño por cumprir?
-A miña ilusión máis grande é facer uns fogos artificiais impresionantes no porto de Caión polas festas. O presuposto é o que hai...
-¿Onde morreu Fernando Blanco?
-México.
-¿Cantos anos ten Avelina Mouzo, a avoa da Costa da Morte?
-104.
-¿Praia téxtil ou nudista?
-Téxtil.
-¿Quen foi Evaristo Martelo?
-Foi un maestro escritor.
-¿Churrascada ou sardiñada?
-Churrascada.
-¿Que traxedia acabou con Man, o alemán de Camelle?
-Foi cando o Prestige, pero non sei eu se morrería diso.
-¿Mar ou río?
-Mar, pero gústame o río.
-¿Cómo se chama o bar de Carballo situado no edificio onde naceu Alfredo Brañas?
-Os Baños.
-¿Onde prefire rematar o Camiño? ¿En Fisterra ou en Muxía?
-Gústanme os dous sitios. Pero as veces que fun a Fisterra comín moi ben, así que me quedo con Fisterra.