O artista ourensán ofrece esta tarde na Praza do Concello o espectáculo infantil «A nena e o grilo nun barquiño»
24 jul 2014 . Actualizado a las 07:00 h.Mañá é festivo en Galicia, polo que a actuación semanal do Verán Cultural de Carballo adiántase para esta tarde. O artista Magín Blanco chega hoxe ás 21.30 horas á Praza do Concello co seu espectáculo A nena e o grilo nun barquiño. Unha obra que mestura música e artes escénicas, na que os protagonistas «continuarán descubrindo o mundo e os seus segredos, tamén o seu propio mundo interior», segundo Blanco, que onte non dubidou en enfrontarse ao noso Terceiro Grado.
-¿Por que actividade humanitaria destacou Manuel Tajes Sánchez?
-Por coidar peixes.
-¿Verbena ou foliada?
-Unha foliada, sen dúbida.
-¿Cal foi o primeiro faro electrificado de España?
-A Torre de Hércules
-¿Cando foi a última vez que puxo unha tixola ao lume?
-Ao lume hai tempo, na vitrocerámica foi antonte.
-¿Cal é o produto máis famoso do verxel de Bergantiños?
-A pataca.
-¿Un defecto?
-A indiscreción.
-¿Cal é o punto máis occidental de Galicia?
-Fisterra.
-¿Que templo podería ter o tellado de ouro se quixera?
-¿A catedral de Santiago?
-¿Que libro está lendo agora?
-O último que lin foi unha escolma de poesía surrealista portuguesa.
-¿Que dous lugares do Concello de Zas teñen nome de hortaliza?
-Baio e Vimianzo.
-¿Un soño por cumprir?
-Eu agora vivo cos meus pais. E a miña ilusión é a de devolver á xente maior o que me deu cando eu era pequeno.
-¿Onde morreu Fernando Blanco de Lema?
-No País Valenciá..
-¿Cantos anos ten Avelina Mouzo, a avoa da Costa da Morte?
-¿103? ¿112?
-¿Praia téxtil ou nudista?
-Eu prefiro praias téxtiles.
-¿Quen foi Evaristo Martelo?
-Foi un dos fundadores de Estrella Galicia.
-¿Churrascada ou sardiñada?
-Calquera das dúas.
-¿Que traxedia acabou con Man, o alemán de Camelle?
-Por tristeza.
-¿Mar ou río?
-Gústanme os dous, pero son de interior. Pareceríame un pouco descortés dicir que me gusta máis o mar.
-¿Cómo se chama o bar de Carballo situado no edificio onde naceu Alfredo Brañas?
-¿O Dublín?
-¿Onde prefire rematar o Camiño? ¿En Fisterra ou en Muxía?
-Non coñezo a ninguén en Fisterra, así que escollo Muxía.
verano sin tregua