Veinte años de.... La protesta contra la marginación de la Costa da Morte en el Plan Galicia

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCIA

HEMEROTECA | 16 DE MARZO DEL 2003 | Unas 10.000 personas se dieron cita en Cee, una movilización que concluyó con un manifiesto leído por Xosé María Lema Suárez

17 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

«Cerca de diez mil personas participaron ayer en la manifestación convocada por Nunca Máis en Cee, en lo que Xurxo Souto calificó como la mayor protesta de la historia de la Costa da Morte». Así empezaba La Voz su crónica el 17 de marzo del 2003, tras un domingo de movilización contra una nueva marginación de la Costa da Morte. Ante tamaña afluencia, el historiador Xosé María Lema, una de las personas que intervinieron, leyó como cierre un manifiesto firmado por más de 60 intelectuales de diversos ámbitos, coincidiendo todos en la «enérxica protesta polo novo esquecemento e marxinación de todo este territorio no chamado Plan Galicia 2003». Siendo la Costa da Morte el territorio más perjudicado por el vertido del Prestige, se afirmaron «indignados» y reclamaron un efectivo plan específico para corregir las carencias seculares de la comarca. El texto leído: 

Os que asinamos este documento, que temos en común o nacemento ou a veciñanza nas comarcas que conforman a Costa da Morte -e os que somos 'fisterráns' de corazón-, queremos manifestar a nosa enérxica protesta polo novo esquecemento e marxinación de todo este territorio no chamado 'Plan Galicia 2003' , pomposamente presentado no Consello de Ministros do Goberno español o pasado 24 de xaneiro na Coruña. Toda Galicia, toda España e toda Europa sabe que a Costa da Morte foi con moito a zona máis prexudicada polo vertido do petroleiro Prestige desde o punto de vista ecolóxico, económico, social e mesmo simbólico. Sen embargo, no 'Plan Galicia 2003' só aparece unha única cousa, un parador de turismo, como remedio milagre para a súa recuperación, como se isto abondase para sacarnos dun atraso secular que ten moito que ver co abandono destas terras occidentais polas sucesivas Administracións. A Costa da Morte é unha xeografia especial, algo máis cá xuntanza de tres ou catro comarcas. Na súa condición de Finis Terrae, este territorio chega a representar a Galicia enteira. ¿Concibiriamos este país sen símbolos tan enraizados como Dombate, o Vilán, a Barca ou o promontorio de Fisterra? Despois de tantas declaracións grandilocuentes por parte das autoridades, que facían concibir esperanzas de que esta catástrofe fose o punto de partida para sacar estas comarcas fisterrás fdas súas carencias seculares, unha vez máis vemos que, a pesar de sermos os máis afectados, volvemos quedar esquecidos e burlados polos gobernantes. Con razón un xornal titulaba, despois do citado Consello de Ministros da Coruña: "A zona máis afectada [Costa da Morte] queda fóra das grandes infraestructuras". Como cidadáns sentímonos indignados e reclamamos un efectivo PIan Especial Costa da Morte 2003 se é que de certo se quere poñer ó dia esta ampla zana costeira e interior que vai desde Monte Louro e Carnota a Malpica e a Caión, onde non só se contemple unha necesaria recuperación ecolóxica que volva a natureza ó seu estado vital anterior (isto implica non só a limpeza das praias, coídos e cantís, senón a rexeneración da flora e da fauna e da paisaxe alterada), senón tamén unha recuperación económica (unhas infraestructuras básicas: autovía gratuíta de Carballo á comarca de Fisterra, comunicacións decentes con Santiago, unha .vía férrea; modernización da cativarede eléctrica; qápido acceso a internet, etc.), unha recuperación turística (menos declaracións e máis realizacións de proxectos concretos baseados no noso patrimonio cultural e natural) e, moi especialmente, que non se esqueza unha recuperación social da que a penas se fala e que pode levar a unha desvinculación dos habitantes co seu contorno e todas as consecuencias que isto conleva. Reclamamos do Goberno un verdadeiro plan como punto de arranque para a recuperación efectiva daCosta da Morte, para sacala da súa marxinación e esquecemento seculares; de pésames compasivos e declaracións de boas intencións carentes de orzamentos estamos sobrados.