Continúa a regueifa en Carballo, onde haberá tamén contacontos, e en Baio haberá oportunidade de doar sangue
15 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • Mércores 15 de xaneiro e chega á Costa da Morte unha das primeiras romarías do ano. Trátase de San Paio Xaneiro, na capella de Entrecruces (Carballo), onde haberá misas ás 11.00, 12.00 e 13.00 horas (solemne, posterior procesión), así como ás 17.00. San Paio Xaneiro vense celebrando aquí cando menos dende o século XVI, con grande devoción por parte daqueles que padecen de reumas e de mal de ósos.
Nun ámbito moi diferente, o escolar, continuarán hoxe en centros educativos de Carballo, tal é o caso do Gándara-Sofán ou o instituto Alfredo Brañas, os obradoiros de regueifa que imparten Lupe Blanco e Josinho da Teixeira, e que chegan a través do proxecto Enreguéifate. Un achegamento á improvisación oral por parte dos rapaces.
A 15 de xaneiro un poderá asemade exercer a solidariedade, pois ata Baio desprazarase unha unidade móbil para a doazón de sangue: de 16.15 a 21.00, no cruce da estrada a Laxe.
Por Carballo, ademais de día de romaría, será tarde de contos cos Ratos de Lonxedetodo e o seu espectáculo Ovos, letras e galiñas: dobre sesión, ás 17.00 e 18.30 horas, na biblioteca Rego da Balsa, por convite da concellería de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística. E, finalmente, de pasar por Caión, non deixe de visitar no centro sociocomunitario a exposición dos cen anos da confraría: de 17.00 a 20.00.
Tarjetas-regalo del «Merca Nadal» malpicán
Las campañas comerciales navideñas se están resolviendo en los últimos días con los correspondientes sorteos y premios. Es el caso de Malpica, donde el sorteo de las cinco tarjetas-regalo de 200 euros de la iniciativa Merca Nadal se llevará a cabo hoy mismo, a las 11.00 horas, en el salón de plenos del consistorio. Se hará en directo, y no solo eso, sino que se retransmitirá a través de la red Facebook.