
Programado un festival para as 18.30 horas. Pódense levar alimentos non perecedoiros
20 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Sábado • A Asociación Deportiva Cultural de Brens programou para este vindeiro sábado, día 22, un festival solidario que dará comezo ás 18.30 na Casa da Cultura. A música tradicional será a protagonista, coas actuacións de Álex Castro e Tomás Lagoa, As Rinchonas de Corcubión, As Pandeireteiras de Toba, As Pandeireteiras de Lires e o grupo folk Ghandaina. Colaboran neste encontro Cáritas, Concello de Cee e Deputación da Coruña. Os asistentes que acudan ao encontro poderán doar alimentos non perecedoiros, que serán entregados a Cáritas da Unidade Pastoral de Cee.