Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Tres novas «Andainas na primavera» dende A Laracha

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

A LARACHA

EDUARDO PEREZ

A primeira das saídas será o domingo 6 de abril, pola contorna do encoro de Cecebre, Abegondo 

27 mar 2025 . Actualizado a las 18:19 h.

Días 6 e 27 de abril, así como 25 de maio • O Concello da Laracha vén de comunicar unha nova edición das suás Andainas na Primavera, un ciclo cuxa inscrición —gratuíta— quedará aberta este vindeiro luns. Dous obxectivos: ofrecer unha vía de aproveitamento do tempo libre e potenciar estilos de vida saudables a través da actividade física.

Serán tres rutas de sendeirismo por espazos naturais de «alto valor ambiental», tanto da Laracha como doutros municipios próximos. A primeira saída está prevista para o domingo 6 de abril, 9 quilómetros polo entorno do encoro de Cecebre, en Abegondo. Para o 27 dese mes quedará a andaina pola costa de Dexo, en Oleiros, sete quilómetros. Finalizará o programa o 25 de maio con saída a carón do río Anllóns, ata Tuixe, 7,5 quilómetros. Nos tres casos, a saída farase dende a praza Les Sables d’Olonne, ás 09.30. Inscricións: turismo@laracha.es ou 676 963 062. Prazas limitadas, con preferencia para empadroados.