Será este sábado 11 de xaneiro, a partir das seis da tarde no auditorio municipal
11 ene 2025 . Actualizado a las 14:34 h.O Concello de Cabana festexará este sábado 11 de xaneiro o seu tradicional festival As nosas músicas. Das 18.00 horas en adiante, no auditorio municipal, todo será talento local, con oito artistas e agrupacións que irán pasando polo escenario: Jacinto Paredes e os seus acordeóns, Manuel Souto, O Son do Castro, grupo de gaitas Maruxía, Os Enxebres de Cabana, Vento da Barra, Os Farrapos e Barreiro & Mato. Animan dende o goberno local aos veciños do municipio e da comarca a achegarse ao que definen como «evento único que porá en valor a enorme calidade musical que atesoura Cabana». O acceso ao espazo da celebración será libre e de balde, ata que se encha o aforo. Unha cita, pois, para iniciar este novo ano 2025 facendo comunidade e veciñanza en torno á música.