Teatro Ghazafelhos e Sés, esta noite en Carballo

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

. santi m. amil

La cantareira, con raíces en Berdillo, actúa a las 22.00 horas en la Praza do Concello

19 ago 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • O intenso programa do «Verán Cultural» carballés segue adiante e ademais, hoxe, con dobre función: Teatro Ghazafelhos e a artista Sés.

20.00 horas • Xardín Municipal • «As mil e unha noites» é o espectáculo que representará esta tarde no xardín carballés a compañía Teatro Ghazafelhos: «Tres xenios do afastado oriente, subidos en zancos, veñen contar a historia de Sherezade e do como o seu enxeño logrou cativar a un dos Sultáns máis despiadados de toda Persia...», avanza o programa. Improvisación e ambiente máxico de conto.

22.00 horas • Praza do Concello • María Xosé Silvar, Sés, vén actuar hoxe na casa, xa que as súas raíces están en Berdillo. Autoreivindicada como cantareira, presentará na capital de Bergantiños o seu terceiro traballo, «Tronzar os valos», co que xa pasou exitosamente por festas da comarca como o Asalto ao Castelo de Vimianzo ou as Festiletras do Couto. Sobre o escenario, un espectáculo auténtico. Tendo recoñecido como ten que o seu xenio é «berghantiñán total», esta será unha noite para o reencontro e para a reivindicación.