
Michael Stanley Whittingham visitó este viernes la Costa da Morte de manos de Jorge Mira, director del programa Conciencia (USC)
19 nov 2022 . Actualizado a las 20:44 h.Premio Nobel de Química 2019 por el desarrollo de las baterías de ión-litio tan presentes en dispositivos que manejamos a diario, Michael Stanley Whittingham visitó este viernes la Costa da Morte. Fisterra, entre otros emplazamientos, u O Ézaro (Dumbría), pero también el instituto Fernando Blanco de Cee, referencia educativa de la comarca. Acudió acompañado del baiés Jorge Mira, anfitrión de Whittingham bajo el paraguas del programa de divulgación científica ConCiencia, de la Universidade de Santiago (USC). En Compostela precisamente pronunció el jueves Michael una conferencia. Es su primera visita a Europa tras la ceremonia del Nobel.


En el Fernando Blanco, el Premio Nobel visitó las instalaciones del centro y compartió además momentos con el profesorado y con el alumnado que cursa Física y Química en primero de bachillerato. Hizo asimismo una dedicatoria a la comunidad educativa en el libro de firmas del instituto.
«A Costa da Morte é un lugar no que ten interese e que o levou a evocacións familiares, xa que os seus pais vivían a escasos quilómetros do Land's End, o punto máis occidental de Inglaterra, na rexión de Cornualles (que para os ingleses é un equivalente xeográfico ao que a Costa da Morte supón para España). Empezamos o percorrido pola ponte de Brandomil e vendo os restos romanos desa vila. Continuamos polo Ézaro, a ver a cascada e o mirador. Amosouse moi interesado na alta concentración de produción eléctrica da zona, así como do elevado potencial eólico da Costa da Morte (el dirixe o centro de almacenamento de enerxía do noroeste dos EE.UU., no estado de Nova York, con máximo apoio institucional do goberno federal dese país). Seguiu unha visita a Fisterra, onde lle chamou a atención a praza Stephen Hawking e todo o simbolismo do lugar dende a época romana e coa posta do sol. Antes pasaramos polo IES Fernando Blanco de Cee. Tamén se interesou polas orixes celtas de Galicia, e fomos ao Castro de Borneiro, do que destacou o aspecto virxe da contorna e o vigor e saúde da contorna natural de árbores. A continuación continuamos polo Dolmen de Dombate, no que estivemos falando dos paralelismos dos restos megalíticos do arco atlántico dende Galicia ata Bretaña e as illas británicas. No museo do dolmen estivemos un tempo diante dos mapas, falando de aspectos de arqueoastronomía, sobre todo no que atinxe á orientación solar dos megalitos, algo relevante en varias mostras do megalitismo británico, como en Stonehenge.
Para rematar estivemos en Baio, no paseo ata a carballeira de Baio e tamén estivo vendo a praza Jorge Mira. Levou con el abundante información, porque valora vir no futuro para enseñarlle o lugar á súa familia (a súa muller é profesora tamén da Univ. Estatal de Nova York, na área de literatura latinoamericana)», narra el propio Mira.