![](https://img.lavdg.com/sc/Vw7BjFObChC6iL6TbIxw-RQLWuE=/480x/2022/12/17/00121671304505263635371/Foto/C17D2165.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/4-DfPMyJcoB4PFyndczv8tOGyjY=/480x/2022/12/17/00121671303781987746723/Foto/C17D2064.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/clN6HHlX1uz2oSUyg42FswvS_6M=/480x/2022/12/17/00121671303782783335699/Foto/C17D2065.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/UKEnEM0XHYZQRS8wPJqDeMs889U=/480x/2022/12/17/00121671303842609240328/Foto/C17D2066.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/EsGslVUHkjI5xUjHivJFQQ0lloQ=/480x/2022/12/17/00121671303842723808551/Foto/C17D2068.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/ECRThhEizJRjuCC9pXHp5rbxoCE=/480x/2022/12/17/00121671303843507415248/Foto/C17D2070.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/UI7kG0UkoHaprTf1gaZlIHfF55k=/480x/2022/12/17/00121671303844293439406/Foto/C17D2073.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/9QHJf4yeC-dEUVmnvWuo1LKrRWQ=/480x/2022/12/17/00121671303902703532635/Foto/C17D2074.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/CgLSFL9op_KoHcSWNrQSXBB8wSM=/480x/2022/12/17/00121671303902871303840/Foto/C17D2075.jpg)
![Fran Campos, de Bandullo Azul](https://img.lavdg.com/sc/BZdxlbvPBNXhou6yID9ifGH_Cr0=/480x/2022/12/17/00121671303903989945635/Foto/C17D2080.jpg)
![Sinda Cundíns, directora do colexio Labarta Pose de Baio](https://img.lavdg.com/sc/N6zVIEJQ7g926HyDq27-DmvSJwo=/480x/2022/12/17/00121671303904108536597/Foto/C17D2085.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/4wzP9-QHN5TXzw92ViyB-DxJ0oU=/480x/2022/12/17/00121671303904864610479/Foto/C17D2089.jpg)
![Judith Fernández, directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa](https://img.lavdg.com/sc/gx3F9ahMcRYVfA5IAAiWMTtoCRg=/480x/2022/12/17/00121671303905011211983/Foto/C17D2091.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/uuRLVlrMNihYzY2sX_U4UWTa1NA=/480x/2022/12/17/00121671303963056279283/Foto/C17D2084.jpg)
![Margarita Lamela, alcaldesa de Cee](https://img.lavdg.com/sc/JW9UFkaKx7bacow4kO8Cy2kmxYc=/480x/2022/12/17/00121671303963170380150/Foto/C17D2093.jpg)
![Xosé Luís Vilela Conde, director de La Voz de Galicia](https://img.lavdg.com/sc/B9VYBYMlor9dDSfZrRNU__3BvWU=/480x/2022/12/17/00121671303963567250824/Foto/C17D2100.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/I7EhNuwQo3vv5PYQb8vLZ2y4H8I=/480x/2022/12/17/00121671303964294848162/Foto/C17D2101.jpg)
![Entrega de detalle a Emilio Roca, en representación do xurado](https://img.lavdg.com/sc/hjTJ3PY9VRaRc5xQCv3rU5qAV1Q=/480x/2022/12/17/00121671303964410218363/Foto/C17D2104.jpg)
![Décimo premio. Mara García Suárez, do colexio A Cristina de Carballo](https://img.lavdg.com/sc/LWVcF0ifGbJl9oQ4pWMVOEo8ZgM=/480x/2022/12/17/00121671304021840761235/Foto/C17D2110.jpg)
![Noveno premio. Laura Rodríguez Pazos, do colexio Alcalde Xosé Pichel de Coristanco. Recolle de mans de Clarisa Couto, concelleira de Cultura de Coristanco](https://img.lavdg.com/sc/dsKlkrItckEH9hhDZX2JuPgpIpg=/480x/2022/12/17/00121671304082859783602/Foto/C17D2112.jpg)
![Oitavo premio. Natalia Cameán Sánchez, alumna do colexio Canosa-Rus](https://img.lavdg.com/sc/Nmk50qPxS70o3PXNCUIX9a5DE74=/480x/2022/12/17/00121671304082939536248/Foto/C17D2116.jpg)
![Sétimo premio. Recolle Mauro Lago Elorza, do colexio Manuela Rial Mouzo de Cee, de mans de Lois García, alcalde de Ponteceso](https://img.lavdg.com/sc/QcQqmF9fyBdk-Wud8UX2UposVQo=/480x/2022/12/17/00121671304142131170773/Foto/C17D2118.jpg)
![Sexto premio. Valeria Martínez González, do colexio A Cristina de Carballo. Recolle de mans de Mar Eirís, edila de educación de Carballo](https://img.lavdg.com/sc/UySP0AA0PGVIViEg-b050Cg-dPo=/480x/2022/12/17/00121671304202510149820/Foto/C17D2122.jpg)
![Quinto premio. Antón Sambade, alumno do colexio Manuela Rial Mouzo de Cee. Recolle de mans de Margarita Lamela, alcaldesa de Cee](https://img.lavdg.com/sc/n3VyGO32U78lNpigivP7Dr3eO5g=/480x/2022/12/17/00121671304203383679774/Foto/C17D2123.jpg)
![Cuarto premio. Recolle Iria Álvarez Villar, do colexio Manuela Rial Mouzo de Cee, tamén de mans de Lamela](https://img.lavdg.com/sc/CWDwG8dlSsUKe1QqCo-7u7V3JfA=/480x/2022/12/17/00121671304203485778194/Foto/C17D2124.jpg)
![Terceiro premio. Para Tenidunni Ariyo, do colexio As Revoltas de Cabana. Recolle de mans de Xosé Luís Vilela, director de La Voz](https://img.lavdg.com/sc/CiKoAwbIOX91VYOBiOTTSrxhWRI=/480x/2022/12/17/00121671304323149797290/Foto/C17D2127.jpg)
![Segundo premoi. Lara Vidal Rodríguez, do colexio Labarta Pose de Baio, recolle de mans de Judith Fernández, directora xeral](https://img.lavdg.com/sc/2pMLRe26Ihr0s5gowumxP5LO2B4=/480x/2022/12/17/00121671304382432326144/Foto/C17D2132.jpg)
![Primeiro premio. Mariña Vázquez, do colexio Labarta Pose de Baio, recolle de mans de Vilela Conde](https://img.lavdg.com/sc/WxLkqPY35OF3oMzB7gVBmqWhSbA=/480x/2022/12/17/00121671304382834663496/Foto/C17D2137.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/PWVHqK5UOBOUNYRLGiW5LoY-tg8=/480x/2022/12/17/00121671304443214423407/Foto/C17D2140.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/F5yhgdufYGPoDmtTGWO3ACngQvI=/480x/2022/12/17/00121671304444240594818/Foto/C17D2143.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/ynMFmUJvqKXlmui9qX2A4cpVXfk=/480x/2022/12/17/00121671304444309386207/Foto/C17D2148.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/IAA5kCo98ZjDrjLSo4lAFO6KDxs=/480x/2022/12/17/00121671304502367869433/Foto/C17D2156.jpg)
![Pablo Canosa, alumno da Escola de Música de Cee](https://img.lavdg.com/sc/dQzHUoFmb_nffqdsy1sZmyORscw=/480x/2022/12/17/00121671304504408640144/Foto/C17D2159.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/h1IHDNPiPoKm0Dyuto6S-llYB_k=/480x/2022/12/17/00121671304505188880600/Foto/C17D2163.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/f5Ru-9HoFnB20-cIvhOmvxSuQcg=/480x/2022/12/17/00121671304506016740741/Foto/C17D2166.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/HoK7EGvmzgcJ3IF58AbLc3LILlY=/480x/2022/12/17/00121671304506178307523/Foto/C17D2167.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/18sOlOOHf1VWbcMHpf6Y9TGJmHY=/480x/2022/12/17/00121671304506924426298/Foto/C17D2168.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/_KPQWgFfCxZLHuYDiAAuD3d5ldc=/480x/2022/12/17/00121671304508065288821/Foto/C17D2169.jpg)
¡INCLÚE ÁLBUM DE FOTOS! O auditorio Baldomero Cores de Cee acolleu a entrega de galardóns do certame promovido por La Voz
18 dic 2022 . Actualizado a las 05:00 h.«Contos de Nadal entrou na idade adulta. É xa unha das citas clásicas do tempo de Nadal da Costa da Morte». Margarita Lamela, alcaldesa de Cee, reivindicou así este sábado o certame promovido por La Voz e Radio Voz, e cuxa entrega de premios acolleu o auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura da localidade. Nenos premiados nesta 19.ª edición, familias, responsables educativos e municipais acompañaron un acto cargado de mensaxes. Sinda Cundíns, directora do colexio Labarta Pose de Baio, no que estuda a gañadora do primeiro premio, Mariña Vázquez, amosou o seu orgullo como mestra. «Sempre lles digo que son unha clase con moito talento»: do natural, pero tamén do adquirido con «traballo e esforzo».
![Sinda Cundíns, directora do colexio Labarta Pose de Baio](https://img.lavdg.com/sc/N6zVIEJQ7g926HyDq27-DmvSJwo=/480x/2022/12/17/00121671303904108536597/Foto/C17D2085.jpg)
Chamou a ler para forxar unha boa escrita: «A lectura ábrenos as portas ao coñecemento. Dános ás para voar a imaxinación, para as emocións. A lectura é maxia, anímanos a viaxar». Estendeu os seus parabéns aos participantes e a La Voz por un certame «tan motivador».
![Judith Fernández, directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa](https://img.lavdg.com/sc/gx3F9ahMcRYVfA5IAAiWMTtoCRg=/480x/2022/12/17/00121671303905011211983/Foto/C17D2091.jpg)
Judith Fernández, directora xeral de Ordenación e Innovación Universitaria, incidiu: «Falar de contos é falar de emocións». Quixo «poñer en valor o fomento da creatividade e da imaxinación nas etapas de infantil e primaria», mesmo como recurso «para afrontar problemas, asumir erros e buscar solucións». «Os contos —afirmou— non serven só para entreter. Transmiten tradicións. Aportan valores, axudan a aprender, a escoitar, a pensar», abundou. Eses intres de lectura das familias cos máis pequenos, dixo, mesmo teñen o poder de deter «a vida acelerada», de darlles aos adultos «outras gafas». Felicitou Fernández aos premiados e alentounos a seguir cultivando este talento «que vos vai dar momentos de satisfacción».
![Margarita Lamela, alcaldesa de Cee](https://img.lavdg.com/sc/JW9UFkaKx7bacow4kO8Cy2kmxYc=/480x/2022/12/17/00121671303963170380150/Foto/C17D2093.jpg)
Para eles pediu Lamela un aplauso. Dez galardóns dos que a rexedora desexou que fosen «motivación». Tal e como lembrou, en Cee saben da importancia deste tipo de iniciativas, pois levan «máis de trinta anos» organizando concursos literarios de achegamento ao libro, dende a biblioteca Franscisco Mayán. Cee, dixo Lamela, é «un concello comprometido coa cultura, coa educación, coa excelencia». É a terra, lembrou, do filántropo Fernando Blanco, «visionario», fonte dun legado educativo de valor «incalculable». Sete centros educativos, cifrou, ten o municipio, abranguendo todas as etapas, un carácter de centralidade que reafirma o ser sede das probas Abau. «Estamos felices de acoller hoxe esta entrega de premios», concluíu Lamela agradecendo á organización e empresas colaboradoras.
![Xosé Luís Vilela Conde, director de La Voz de Galicia](https://img.lavdg.com/sc/B9VYBYMlor9dDSfZrRNU__3BvWU=/480x/2022/12/17/00121671303963567250824/Foto/C17D2100.jpg)
E de felicidade falou asemade Xosé Luís Vilela, director de La Voz de Galicia. «O mellor que me pasou o venres foi ler a doble páxina que hoxe publica o xornal cos vosos contos», confesou. Amosouse «emocionado», por ter descuberto mundos marabillosos, pero tamén por ter viaxado, grazas aos textos, a escenas familiares. O sorriso de Nadal, primeiro premio, mencionaba ao Apalpador, ese ser dos Ancares que en noites de Nadal apalpaba a barriga dos nenos para saber se comeran, deixando algún xoguete de madeira e unha presa de castañas. Sempre, a mesma despedida: «Así, así esteades todo o ano». «Meu avó díxome un día: ‘Pon a man no bandullo: que a terra e o mar dean a túa fartura’, ‘Pon a man na cabeza: que os pensamentos que vaian ao teu maxín sexan bos para ti e para todos os demais’, ‘Pon a man no corazón: cantas máis persoas boas teñas aí dentro máis felicidade vas ter’». Así, Vilela pediu as presentes este sábado que levasen a man ao corazón: «Xa estades no meu, xa son feliz. Que así, así esteades todo o ano».
![](https://img.lavdg.com/sc/ynMFmUJvqKXlmui9qX2A4cpVXfk=/480x/2022/12/17/00121671304444309386207/Foto/C17D2148.jpg)
Historias e contos, pois, para unha velada na que tamén houbo risas co narrador Fran Campos e a súa amiga Filipa —levaron ata Cee as historias dunha mora, do neno Lolo e dun hipopótamo curioso—, e música de raíz e de acordeón, con Manuel Alejandro Pérez, Mario Caamaño, Jesús Muíño e Pablo Canosa. Interpretaron os tres primeiros, con gaitas e tamboril, Muiñeira do Morrazo e Polca Pequerrecha. Canosa, do seu lado, ofreceu Adiós Nonino, de Piazzola, e The Waltz of the Monsters, de Tiersen.
![Pablo Canosa, alumno da Escola de Música de Cee](https://img.lavdg.com/sc/dQzHUoFmb_nffqdsy1sZmyORscw=/480x/2022/12/17/00121671304504408640144/Foto/C17D2159.jpg)