Cinco imaxes súas foron seleccionadas en varias categorías do certame, convocado pola asociación de profesionais manchegos
10 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O carballés afincado en Cee Marcos Rodríguez foi nomeado aos Premios Quixote de Fotografía, concecidos pola asociación de profesionais manchegos (Afocam), en tres categorías diferentes. Unha obra súa opta ao galaradón no apartado de retrato, outras tres concorren na sección de posboda e unha máis foi seleccionada na categoría de libre creación. Estes premios, apuntan dende Afocam, entidade promotora dos mesmos, gozan de recoñecemento a nivel nacional e destacan a excelencia e a creatividade dos fotógrafos máis sobresaíntes de España.