Xosé Iglesias, mariñeiro, poeta e artista, presentou este sábado a carta mariña que lle foi encargada polo Concello
09 dic 2024 . Actualizado a las 19:41 h.«Unha carta mariña submarina e de memoria da nosa ría»: velaí o encargo que recibiu o poeta, artista e mariñeiro Xosé Iglesias por parte do Concello de Cee. O resultado, presentado por el mesmo na compaña da alcaldesa, Margarita Lamela, deuse a coñecer este pasado sábado na Casa da Cultura. Puido levar cada asistente un exemplar á casa, mais tamén chegará aos locais de hostalaría do municipio a xeito de mantel: «Mentres xantades ou ceades podedes ollar un anaquiño do noso pasado mariñeiro, naval e baleeiro», precisou nas súas redes Iglesias. Detalles sobre os varamentos sucedidos ao logo da historia nas costas locais, as especies que nelas habitan ou os lugares relevantes no mundo do mar: todo iso se contempla nese documento, con contido seguramente descoñecido por moitos. Unha oportunidade.
«Moi agradecido ao Concello por pensar no meu traballo abisal para crear esta obra», escribiu Iglesias. Non é segredo a súa paixón polos grandes cetáceos, comprobable nas súas maquetas e nas súas publicacións.