Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Xosé Antonio Touriñán irá a Cee con «Aquí tou!»

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CEE

Será o 10 de maio, dentro da xira deste seu monólogo-biografía que tamén o levará mesmo a Madrid

22 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

10 de maio • O cómico Xosé Antonio Touriñán amplía a súa axenda de actuacións para os vindeiros meses, e faino coa xira do seu monólogo Aquí tou! Así, en vindeiras datas percorrerá sete auditorios galegos —entre eles Cee, o 10 de maio, garde data— e tamén o Teatro Arlekin de Madrid (5 de abril), na que será a primeira actuación do actor co seu espectáculo en solitario fóra de Galicia. Melide, Sanxenxo, Ourense, O Carballiño, Lugo e Ponteareas serán outras das paradas con esta súa particular biografía na que se mesturan boas e malas decisións e tamén «feitos casuais» que o levaron a ser quen hoxe é. En Aquí tou! está a narración da súa concepción, unha noite de San Xoán, ata un posible epitafio. Realidade, ficción, tenrura, picardía, anécdotas propias e tamén moito de cultura popular galega. En Cee, integrará a Primavera Cultural diseñada dende o Concello.