Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

A exposición «Caras Amigas» chega a Stoupa, en Cee

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CEE

A galería acolle obra de Maribel Castiñeira, Isabel Méndez e Isabel Soutullo

27 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A galería Stoupa de Cee deulle á benvida á nova estación cunha nova exposición de arte: tres mulleres, unha mesma xeografía e tres visións distintas. Caras Amigas aglutina traballos de Maribel Castiñeira (XMÑ), Isabel Méndez e Isabel Soutullo: «Unha experiencia artística enriquecedora, unha mostra única chea de cor, misterio e evocacións que nos conectan co noso fascinante pasado», traslada Stoupa. Visitas de xoves a venres, de 11.00 a 14.00, e de 17.00 a 20.00; os sábados, de 11.00 a 14.00 horas. O resto de días, con cita previa.