Do «Abril de libros» ao «Maio de letras»: segue a cultura en Dumbría

La Voz CARBALLO / LA VOZ

DUMBRÍA

Ismael Ramos estará no Ézaro, Dumbría, este sábado 4 de maio
Ismael Ramos estará no Ézaro, Dumbría, este sábado 4 de maio PACO RODRÍGUEZ

Prato forte da programación será a visita ao Ézaro, este sábado, do poeta Ismael Ramos

30 abr 2024 . Actualizado a las 19:54 h.

Ten programadas o Concello de Dumbría unha serie de actividades en torno ás Letras Galegas. Haberá varias citas, por exemplo, no colexio Santa Eulalia, a primeira este venres, un contacontos con Duende Sico, sobre letras e deporte. Para o 9 de maio quedará o contacontos Kalopsia: un planeta non tan diferente, da man de Europe Direct, e para o 14 de maio unha visita á biblioteca do Conco para participar na actividade E a ti... que che contaban?, con Vero Rilo, neste caso da man da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e Ler Conta Moito.

Mencionan como prato forte da programación, non obstante, a visita á fervenza do Ézaro que fará este sábado, día 4, o poeta Ismael Ramos, Premio Nacional de Poesía Xoven Miguel Hernández (19.00). Farase con el un percorrido por parte da súa obra e pola tradición oral e escrita. Haberá ademais do 16 ao 19 unha viaxe a León e Zamora e, xa o 4 de xuño, unha andaina convertida en roteiro literario para coñecer mellor a figura do Vákner.