Presentacións sobre a Ribeirana e Pandereteiras de Mens, en Malpica
MALPICA DE BERGANTIÑOS
Beatriz Busto puido levar de volta ao territorio malpicán todo o coñecemento do seu estudo
20 dic 2021 . Actualizado a las 05:00 h.Foi esta unha fin de semana de pandereteiras. Ademais do encontro deste domingo en Carballo, o sábado, no centro cívico de Malpica, presentáronse dous traballos da man de aCentralFolque. Un deles, O infinito no pé. A Ribeirana, de Serxio Cobos e Eva Moreda —sobre a muiñeira vella de Bergantiños, rara avis— e, outro, Pandereteiras de Mens, de Beatriz Busto Miramontes, do que fixo detallada recensión nestas páxinas o filólogo Xosé Manuel Varela. Autora deste documentado estudo, Beatriz puido por tanto transferir ao propio territorio malpicán todo o coñecemento adquirido. A familias, veciños, herdeiros da tradición... Un día, por todo isto, de patrimonio.