Galardón para o colexio Milladoiro de Malpica por un pódcast sobre Luísa Villalta

La Voz CARBALLO / LA VOZ

MALPICA DE BERGANTIÑOS

A directora xeral Judith Fernández, no centro Manuel Suárez Marquier de O Rosal, con dobre premio
A directora xeral Judith Fernández, no centro Manuel Suárez Marquier de O Rosal, con dobre premio

O centro acadou este premio na categoría de infantil. É un recoñecemento da Xunta de Galicia

17 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A Xunta de Galicia vén de recoñecer o traballo de seis centros educativos cos premios do sexto concurso de podcast Radio na biblio, co que cada ano se homenaxea ao autor ao que se lle dedican as Letras Galegas, este 2024 Luísa Villalta. Entre os galardoados está o colexio Milladoiro de Malpica, na modalidade de educación infantil, pola peza Xogando con violinos. Todos os traballos abordan aspectos biográficos ou bibliográficos da escritora. Cada un dos centros recoñecidos leva un galardón de 1.250 euros, un 25 % máis que o ano pasado, cantidade que ha de destinarse á melloras na radio escolar ou tamén a actividades relacionas con ela.