Música, ciencia, artesanía, tradición e mundo rural son as bazas da celebración pontecesá
04 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.«¿É cousa de ciencia ou de maxia?», inquire unha das actividades. Atendendo a esta celebración que se aveciña, ben podería ser ciencia -artellar e unir tantas vontades para lograr forxar cada ano un programa autenticamente referente e de agrado común- e ben podería ser maxia: ¿como a aldea do Couto, en Ponteceso, consegue converterse nun punto de peregrinación cultural no tempo das Letras Galegas? Efectivamente, volven as Festiletras. Son 36 edicións as que se cumprirán neste 2018, con actos xa tan asentados como a entrega dos Bos e Xenerosos; con actividades constantes, mañá e tarde, e, tamén, con novidades sempre encamiñadas cara ao futuro do mundo rural. Este ano, un dos proxectos que traen alento é a Festiciencia, a primeira feira científica da Costa da Morte: serán dous días, o 17 e 18 de maio, de talento novo e vizoso.
Fetén Fetén, Tanxugueiras, Mounqup, Txarango, Igmig ou Sés con toda a súa banda forman parte dun menú musical que estará completado polo talento de creadores como Yoseba MP ou por citas tan especiais como a lembranza ao cormelán José María Mosqueira Manso, así como a tan lonxeva Feira de Artesanía, ou o tempo de regueifa. Entre o 16 e o 20 de maio, a meirande celebración das Letras estará nunha aldea que lle suma ao talento local o talento global, abríndose así ao mundo, ás voces. Dende a organización agradecen a todos os colaboradores institucionais e privados e, sobre todo, aos voluntarios e ás voluntarias que fan posible «o milagre». É ciencia e tamén é maxia. Asi vén o programa:
Mércores 16 de maio. Bos e Xenerosos
20.30. Vésperas con campás, foguetes e a banda de gaitas Inllar.
21.00. Inicio do acto. Clara Amado interpreta «Ponteceso». Entrega dos premios Bos e Xenerosos a Marilar Aleixandre, Xaquín Marín, Quico Cadaval e Sés. Fin da velada con «Sabor a Galicia», na lareira da Fundación.
Xoves 17 de maio: Día da Internet
Na sede da Fundación
11.00. Workshop de Ciencia Cidadá, con José Viñas. Tamén «Fenómenos do rural», con Yoseba MP.
12.45. Gravación do programa «Efervesciencia» (Radio Galega).
13.30. Sesión Terras Gauda con Woodoo.
16.00. Xeocoaching tecnolóxico.
17.00. Yayotech.
Na Casa dos Veciños
18.00. «Ciencia ou maxia?», con David Ballesteros e o Mago Antón.
20.00. Actuación de Fetén Fetén.
21.00. A morte coa ciencia: láser graffiti en lugares da comarca.
22.00. Ciencia para insomnes, no piñeiral e na praia de Balarés.
22.00. Observación de estrelas con Jorge Mira, tamén en Balarés.
Venres 18 de maio: Festiciencia
Pola mañá
De 10.00 a 14.00. Feira de proxectos. Espectáculos «Arpexios de ciencia». Obradoiros paralelos: taller co CSI, construción e programación de robots, postas en escena... Gaiteiros do Centro Coreográfico Galego; Gloria Mosquera con «Mamá Cabra»; lembranza ao científico cormelán José María Mosqueira Manso; Os Quinquilláns; obradoiros do CSIC en Balarés e Joseba MP cos seus «Fenómenos do rural» completan a mañá.
Pola tarde, na Fundación Pondal
De 15.30 a 18.30. Feira de proxectos.
19.00. Entrega de premios.
20.00. Café científico. Con Jorge Mira.
Pola tarde, na Casa dos Veciños
21.00. «Océano para terrícolas», con Xurxo Souto. Salitre.
22.00. Actuación das Tanxugueiras. Música para aledar o corpo.
23.00. Clase maxistral de Xabi Solano. Una noite de aprendizaxe.
Sábado 19 de maio
Sede da Fundación Pondal
11.00. Quinta edición do Encontro de Aldeas Singulares. Un panel de experiencias sobre proxectos que están levando unha nova vida, unha vida de futuro, ao mundo rural. Nova velada para o encontro.
13.00. Inauguración da 36.ª Feira de Artesanía.
14.00. Sesión vermú. Etnográfico de Vilanova dos Infantes e grupo Castro Floxo, da Deputación Provincial de Ourense.
17.00. Encontro de Literatas.
18.00. Regueifa con Alba María e Lupe Blanco.
20.00. «Porondeomeucarropasa», un percorrido pola música tradicional con Xa era hora, O Son do Castro, A sona de Bergantiños e Farrapos.
Pola noite, na carpa central
23.00. Actuación de Mounqup, Txarango e Igmig.
Domingo 20 de maio: música e artesanía
Pola mañá
Seda da Fundación Pondal
11.00. Segue a 36.ª Feira da Artesanía. Espazo «Deleite» con música de Cé Orquestra Pantasma e Pakolas. Tamén conta contos de Anxo Moure e obradoiros de Naturizo.
12.30. Ofrenda floral da Fundación Manuel María. A coral A Oliveira, do Couto, interpreta «O Carro».
13.00. Actuación de Inllar
14.00. Sesión vermú con Terbutalina.
17.00. Concerto de Sés, con toda a súa banda.