O Concello de Ponteceso difunde un vídeo con Nicolás Caridad López interpretando o Himno escrito por Pondal
26 jul 2022 . Actualizado a las 11:54 h.Os concellos da Costa da Morte felicitaron este 25 de xullo, o Día de Galicia. Ponteceso fíxoo co vídeo dun gaiteiro no alto de Monte Branco, interpretando o Himno escrito polo bardo Pondal. É Manuel Nicolás Caridad López, natural de Tella, mestre de música no colexio das Forcadas de Corme e integrante do grupo Birimbao. A continuación, o vídeo: