O mellor da despensa do mar, nas Festiletras de Ponteceso 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

PONTECESO

Marisol Martínez, do Mar de Ardora de Cabana, será unha das convidadas
Marisol Martínez, do Mar de Ardora de Cabana, será unha das convidadas ANA GARCÍA

Entre o venres 30 de agosto e o domingo 1 de setembro haberá demostracións varias de profesionais da cociña

29 ago 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A música, as letras, a divulgación ou a artesanía teñen fondo peso nas Festiletras do Couto, en Ponteceso. Mais nesta 42.ª edición que se aveciña, do 30 de agosto ao 1 de setembro, tamén será capital o mundo gastronómico e, particularmente, a despensa do mar. Exhibicións culinarias abertas a todos os públicos. 

Venres 30 de agosto. Pola mañá (de 11:00 a 13:00 horas), Marisol Mato e Iria Ferrín de Mar de Ardora (Cabana de Bergantiños) compartirán os seus coñecementos culinarios con produtos do mar. Pola tarde (de 17:00 a 19:00 horas), Bautista Mato (Baio, Zas) continuará coa demostración.

Sábado 31 de agosto. Marisol Mato e Iria Ferrín volverán pola mañá de 11:00 a 13:00 horas. Pola tarde, de 17:00 a 19:00 horas, Sandra Varela de A Casa de Lelo (Ponteceso) mostrará a súa destreza na cociña.

Domingo 1 de setembro. A última xornada comezará pola mañá de novo con Marisol Mato e Iria Ferrín, de 11:00 a 13:00 horas. Pola tarde, de 17:00 a 20:00 horas, será o turno de Fabián Mouzo (Vimianzo), Víctor Basante (Arrueiro, Laxe), e Daniel Rego e Florencia Care (Taberna do Bico, Camariñas), pechando o evento cunha colaboración especial de Choiva Viños. 

As actividades están abertas a todos, indica a organización, ofrecendo polas mañás un espazo ideal para que as familias exploren xuntas a riqueza dos produtos do mar, mentres que polas tardes, o público xeral terá a oportunidade de mergullarse nas delicias mariñas da nosa terra.