Homes e mulleres de sal e ferro... tamén en Vimianzo

M. L. CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

BASILIO BELLO

O Abaladoiro | O fotógrafo muxián Xesús Búa presentou na Casa da Cultura o seu novo libro

17 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A Casa da Cultura de Vimianzo acolleu o pasado sábado unha nova presentación do libro Homes e mulleres de sal e ferro, do fotógrafo muxián Xesús Búa. Logo de dalo a coñecer na súa vila natal, Soneira era parada obrigada, pois vimiancesas son tres desas mulleres de sal e ferro que el recolle no volume: «Ana, Silvia e Tamara, que cada xornada loitan co todo poderoso mar. Para min é unha honra homenaxealas no meu libro», explica el mesmo.

Acompañárono Pablo Quintana, editor; Pepe Formoso, presidente de Aptcm; Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo, e Rosa Blanco, concelleira responsable da área de Cultura.