O manual, que inclúe tamén información sobre o Roteiro Labartiano, foi distribuído por puntos de afluencia turística da Costa da Morte
29 jun 2022 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Zas vén de editar un folleto informativo sobre a vida e a obra do escritor baiés Enrique Labarta Pose, unha acción que se encadra no conxunto de iniciativas para reivindicar que o autor sexa homenaxeado no Día das Letras Galegas.
Estes folletos foron distribuídos por algúns dos puntos de maior interese turístico da Costa da Morte, así como por locais hostaleiros, e recollen tamén toda a información acerca do roteiro literario que recentemente foi incluído no Proxecto Roteiros do Consello da Cultura Galega. O itinerario, deseñado para facer en coche, abarca 21 escenarios biográficos e literarios relacionados con Labarta.