Rodríguez Suárez explica en un comunicado que su marcha «non foi de mutuo acordo» y que se le notificó «sen sequera respectar o proceso post-operatorio e a baixa laboral» en la que se econtraba
17 ene 2018 . Actualizado a las 12:19 h.El ya ex-jefe de prensa del Ayuntamiento de A Coruña, Alejandro Rodríguez Suárez, quiso dar su versión del cese y sus explicaciones. Lo hizo esta mañana a través de un comunicado colgado en Facebook, donde alude a su baja laboral, las discrepancias y su decepción con lo ocurrido.
Este es el texto completo:
«Querid@s compañeir@s:
Como talvez xa sabedes, desde onte non son o Xefe de Prensa do Concello da Coruña. Así se me notificou, sen sequera respectar o proceso post-operatorio e a baixa laboral na que me atopo. En todo caso, non podía poñer fin a esta etapa sen despedirme como corresponde de tod@s vos.
Entre o meu traballo á fronte do servizo de Prensa do Concello e con anterioridade nas eleccións de 2015 na Marea Atlántica foron uns tres anos deste lado da barreiraxornalística, que intentei asumir cos mesmos ollos cos que durante lustros estiven do outro. Espero telo conseguido, pero se non foi así quedan aquí expresadas as miñas disculpas polos erros que puidese cometer.
Durante todo este tempo -do máis intenso que se pode vivir- fun parte considerable do histórico éxito electoral da Marea Atlántica, en cuxa creación militei desde o minuto cero; do lanzamento das Redes Sociais do Concello; da aposta pola pluralidade informativa ou do moi importante alcance comunicativo da figura do alcalde e o goberno local a nivel local, nacional e estatal nos dous primeiros anos de mandato, malia as dificultades. Así mesmo, como creo que sabedes, puxen todo o meu empeño en que se vos atendese o maior número de veces posible e en estar sempre á vosa disposición, a de tod@s. Certo que non sempre o conseguín, mais agardo ter estado á altura do servizo público que esixe o posto. E cumprir co mandato de transparencia, polo menos no que me competía.
Seguramente, tamén sabedes que o remate desta relación profesional non foi de mutuo acordo nin ningún deses panos quentes que adoito se utilizan para negar realidades. Sei que este non é o lugar para profundar en análises, á parte de que ben sabedes o que pasou, polo que me limitarei a dicir que ante a decepción popular non son partidario da maquillaxe e que sigo fiel ao espíritu orixinal da Marea coruñesa. Así mesmo, se teño que escoller palabras de dúas sílabas elixo que me chamen orco, pero nunca gurú ou trepa.
En todo caso, o meu compromiso político continúa intacto ou máis forte que nunca; así como a miña crenza no xornalismo plural como indispensable ferramenta de xustiza e beleza; de verdade aínda que sexa incómoda; de rebeldia auténtica, non de postal; de liberdade de expresión contra visións únicas e sectarias. Por suposto, sigo a ter claro -como durante esta etapa que agora remata- que non se poden confudir ás elites mediáticas pero non periodísticas c@s xornalistas en conxunto e os de a pé en concreto. Aqueles que acreditamos na democracia radical non a entendemos sen xornalismo libre. Por iso nesa barricada nos seguiremos atopando, amig@s. Baixo o convencemento de que -como dixo Manuel Rivas- “a clase obreira [tamén] está hoxe nos medios de comunicación”.
Só me queda despedirme -deste tempo- volvendo a pedirvos disculpas polo erros cometidos e a darvos as grazas por toda a comprensión e solidariedade amosada. Así mesmo, non me esquezo daquelas persoas, compañeir@s e funcionari@s cos que compartín sinceras risas, traballos e dignidade e c@s que estou en grande débeda. Como con vos. Infinito agradecemento a tod@s, foi un pracer e un orgullo. Seguímonos vendo.
Grazas e unha forte aperta.
Rodri Suárez
Xornalista e ex-xefe de Prensa do Concello da Coruña»