José María Blanco, residente de la DomusVi de Oleiros: «Entrei para estar coa miña muller, que está encamada. Se ela morre, eu espero ir detrás»

Caterina Devesa A CORUÑA / LA VOZ

A CORUÑA

José María viendo fotos de sus años con su mujer en el bar
José María viendo fotos de sus años con su mujer en el bar MARCOS MÍGUEZ

José, de 72 años y en plena forma, se trasladó con su pareja, de 86, al centro el pasado mes de abril. «Doulle eu de comer, mentres poida, fareino»

18 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

La suya es una historia de amor de las que hacen soltar la lagrimita, la misma que le cae a José María Blanco López al hablar de su Lelucha. «A miña muller chámase Manuela Caneda Paz, pero chamámoslle así», dice el hombre, que se mudó el pasado 1 de abril a la residencia DomusVi de Oleiros para seguir al lado de su pareja. «Fai cinco anos caeu e rompeu a cadeira, ingresou no hospital o 15 de febreiro e ao día seguinte entrou en coma. Os médicos dixéronme que non contase con ela, que avisase á familia porque lle quedaban horas», relata el hombre de 72 años, que no tiene hijos. «Lelucha ten dous porque cando a coñecín era viúva», explica.

Para él, la idea de perder a su mujer es una pesadilla. «Creo que entrou en coma porque é diabética dende que ten 50 anos. Finalmente, un amigo noso, que é médico, atendeuna no hospital, pero sen darme esperanzas. Díxome que lle ía facer unha transfusión de sangue para ver se así espertaba, pero que os seus órganos levaban horas sen funcionar e que me preparase para o peor. Ao rato, Lelucha abriu os ollos», relata José María. «Desde entonces non volveu falar nin moverse, tiveron que amputarlle unha perna por problemas de circulación. Eu ocupeime dela na casa con axuda dunha persoa, pero agora xa non podía facerme cargo e busquei unha residencia, é onde mellor atendida pode estar».

José María y su mujer, Manuela, en su bar hace años
José María y su mujer, Manuela, en su bar hace años MARCOS MÍGUEZ

A pesar de que él no tiene ningún problema de salud no dudó en irse con ella al centro. «Nin pensei en quedarme na casa, eu quero estar onde estea ela o tempo que nos quede. Se morre, espero ir eu detrás. Non é que queira morrer xa, pero que fago sen a miña muller? Igual morro eu antes, quen sabe, pero mentres viva seguirei ao seu lado», dice José, emocionado. El hombre eligió la Domus Vi de Oleiros por una sobrina, «é enfermeira e traballou aquí varios anos. Entrar os dous á vez nunha pública é moi difícil, hai listas de espera. O que pasa é que as privadas son caras, quero vender o noso piso e imos tramitar coa asistenta social a dependencia de Manuela».

Casi medio siglo casados

Aunque José es natural de Mesía, la pareja se conoció en Ribeira. «De pequeno vivín en Teo e en Oza. Logo na Coruña, onde traballei nunha empresa eléctrica, cando pechou, fun ao mar, pero non me gustou. Logo marchei a unha mina en León, fastidieime un brazo polo que estiven pouco», relata José, que también residió en Alemania. «Teño oito irmáns, dous xa morreron, e nos 70 tres vivían alá. Estiven dous anos e volvín para facer a mili», apunta. No fue hasta casi los cuarenta años cuando conoció a su mujer. «Casamos o 12 de agosto do 78, cando a coñecín, ela tiña un bar en Aguiño, pero non ía ben. Eu decidín levar da Coruña viño priorato e porróns. Empezou a ir moi ben e tivemos o local, O Porrón, 41 anos. Traballabamos durante 25 anos sen pechar 17 horas ao día», señala José, que se jubiló hace 7 años. «Cando Lelucha enfermou, cambioume a vida. Non tivemos tempo de desfrutar da xubilación. Polo noso 25 aniversario pechamos por primeira vez o bar e fomos a Fátima. A partir de aí decidimos pechar todos os xoves e ese día íamos por aí a pasar a xornada».

En su día a día en la residencia, José se ocupa de su mujer en la medida de lo posible. «Algúns dinme que xa que pago o centro por que lle dou eu de comer, pero mentres poida, fareino. Hai que terlle paciencia, tarda uns tres cuartos de hora. Ela non fala, pero, coñéceme. Eu dígolle 'Lelucha', e mírame. Un día tiven que ir facer xestións e non lle din eu de comer, cando volvín caíanlle as lágrimas», indica José, que dice que no se aburre en la residencia. «Case todas as tardes vou á Coruña no bus, xa que dous irmáns viven aí», dice José, que lo que más echa de menos es la comida que le preparaba su mujer: «Antes pesaba cen quilos, pero agora saio camiñar e tamén vou a ximnasia», dice el hombre, que confiesa que en el centro «ves a xente moi sola, temos sorte de estar xuntos».