Manuel Basoa, eterno franciscano da Feira Franca brigantina

Jose ángel Vázquez

BETANZOS

cesar delgado

O seu amor polo teatro levou a Betanzos e deulle a oportunidade de participar nun evento que lle encantaba

15 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Manolo era un fenómeno, todo ganas e ilusión pola Feira Medieval que lle encantaba. Era chegar o venres da feira, poñerse o traxe de pai franciscano, coller unha campá pequena e ir por todos os postos preguntando a todos que tal lles ía. Estaba pendente de case todo.

Cando se retirou da vida profesional, que foi empresario do téxtil, e como a súa paixón era o teatro, aínda que non era betanceiro, era socio dunha agrupación teatral, Luzada. Cando se pensa en organizar a primeira edición da Feira Franca o que por aquel entón era o concelleiro de Cultura, Francisco Díaz, apoiouse nese grupo de teatro para que lle botara unha man. A Manolo gustoulle tanto a feira que xa se quedou para sempre.

A escena preferida de Manolo Basoa dentro da feira era a expulsión dos leprosos e, de feito, tiña ilusión por participar este ano. A súa cabeza quería vir, pero o corpo non podía. Recordo que falamos un par de días antes da feira e remarcoume que lle dixera ao rapaz que fai o seu papel que non se esqueza de dicir a súa frase: «Betanceiros, que queredes? Que suba o pan e baixe a caña». Era o que repetía durante toda a feira.