Teté Delgado e Kiko Veneno para rebentar a madrugada musical

La Voz

CULTURA

22 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Teté Delgado estrea proxecto en Cans. Dende esta noite pon en marcha, xunto co grupo Los Ciclones, unha destada descarga de rockabilly . O repertorio da nova banda de Delgado comeza con clásicos dos cincuenta e logo, segundo explica, irán «preparando repertorio propio e utilizando menos o inglés.»

A cantante e actriz ou viceversa abrirá esta noite un cartel que pasará da furia protorockeira á ironía de Kiko Veneno. O programa dobre volveu sobre a música en directo despois de que na tarde de onte fosen presentados algúns dos traballos que nos oitenta se chamaban videoclips e que agora basta con chamarlles clips.

Entre eles o que Mario Iglesias realizou para Uxía e que forma parte do último traballo da cantante, Eterno navegar. No mesmo programa entraron, antes do concurso do xénero, as obras realizadas sobre a música de Nicolás Pastoriza ou Def con Dos; despois das dez e media e pouco antes de que se presente o proxecto Cans 303 coa proxección da curta Houston, de Jorge Saavedra.