Paco Vázquez y Méndez Romeu, hoxe en «Allegro de domingo», en Radio Voz

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

PACO RODRÍGUEZ

Ambos foron impulsores hai 25 anos da creación da Orquestra Sinfónica de Galicia

20 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O programa Allegro de domingo, que conduce Antón de Santiago en Radio Voz e que se emite mañá, de 8 a 10 da mañá, contará na tertulia da sección Melómanos de atar coa presenza do exalcalde de A Coruña Paco Vázquez e do que fora o seu concelleiro de cultura Xosé Luís Méndez Romeu, ambos impulsores hai 25 anos da creación da Orquestra Sinfónica de Galicia. Xunto a eles participarán o actual responsable de cultura do concello coruñés, Xosé Manuel Sande.

Co gallo do 25 aniversario da orquestra, os dous primeiros lembrarán aqueles primeiros pasos e de que xeito a evolución do colectivo, baixo a dirección de Víctor Pablo, acadou a consideración como a «primeira orquestra sinfónica de España», como publicou a revista Scherzo. Pola súa banda, Xosé Manuel Sande aporta a mirada actual e futura sobre a formación.