A morte de Sito Sedes é un drama para todos os que o coñecimos. Traballei con él na delegación de TVG na Coruña durante quince anos e só podo dicir que era unha persoa marabillosa. Cando se xubilou comezou a vivir unha nova vida, que abandonou temporalmente en 1982 cando se baixou dos escenarios. Nunca renunciou a ela. Levaba no sangue ser cantante, e non foi un calquera. Xunto a Pucho Boedo, o máis importante dun país cheo de voces superlativas.
Sito foi o productor da delegación de TVG na Coruña. Home precavido e previsor, sempre facilitou o traballo nos momentos máis intensos e tivo a calma e a resolución para facer máis sinxelas as cousas. Trataba a todos os que o coñecíamos coma fillos. Eu poido dicir con orgullo que fun o seu amigo e tiven a honra de vivir veladas inesquecibles xunto a súa familia nunha finca preto de Narón, localidade onde naceu en 1945.
Sito sempre estivo activo. Faleceu por causas naturais na súa casa con 78 anos. Tiña pensado volver aos estudios para grabar con Los Tamara, a súa orquestra de toda a vida. Sito deixa dous fillos, Carlos e Montse, que traballan no sector audiovisual. Eles, coma todos nós, tentaremos levar da mellor maneira a súa perda conscientes de que sempre estará connosco a súa voz única.