Budiño estrea espectáculo o 27 en Santiago con Guadi Galego e Julián Hernández
CULTURA

Co espectáculo, o músico quere render homenaxe á busqueda constante de novos percorridos sonoros, reflectindo o seu espírito inquedo e creativo.
13 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O músico Xosé Manuel Budiño presentará o 27 de febreiro na Sala Capitol (Santiago) un novo espectáculo que ten como base o seu último disco, Branca Vela (2023). Para este concerto especial con motivo da estrea da proposta contará coa participación de Guadi Galego, De Vacas e Julián Hernández, líder da banda Siniestro Total, 25 anos despois que se filmase o directo que banda viguesa levou a cabo en Castrelos e que contaba coa presenza do propio Budiño.
Con este espectáculo, o músico quere render homenaxe á busqueda constante de novos percorridos sonoros, reflectindo o seu espírito inquedo e creativo. Así, tratará amosar en directo o traballo de dúas décadas no seu propio son no que se funden «a percursión tradicional e a electrónica orgánica», destacan desde a organización. Para este espectáculo contará cunha banda de novos talentos composta por Tania Caamaño (percusión tradicional e voz), Andrés Bouteira (guitarra, teclados, percusión tradicional e voz), Inés Salvado (percusión tradicional, pads e voz) e Fran Barcia (percusión tradicional, voz e acordeón). As entradas están á venda en Enterticket.