O Concello de Lalín destina o 75% das súas axudas aos clubs de balonmán e de fútbol

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

16 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

? Xunta de Goberno Local vén de aprobar a contía e o reparto das axudas anuais que o Concello de Lalín destina este ano ao desenvolvemento de actividades deportivas. Dezanove foron os clubs beneficiados pola partida correspondente, dotada este ano cun fondo de 100.000 euros. Balonmán e fútbol acapararon o 75% do montante total. O Club Balonmán Lalín, cunha decena de equipos e uns 200 xogadores, encabezou un exercicio máis o reparto, recibindo o 30% da subvención municipal: 29.790 euros. O Club Deporivo Lalín, cun conxunto na Terceira División e outro en categoría xuvenil, ingresa 20.800 euros. Unha cantidade superior mesmo ao cálculo máis optimista do presidente da entidade, Amandio De Bessa, quen contaba ao sumo con 18.000 euros do Concello. A Escola de Fútbol Lalín, a gran canteira do balompé local, recibe no reparto 17.850 euros, mentres que os catro equipos de fútbol afeccionado da zona, Vilatuxe, Atlético Balouta, Donramiro e Atlético Gresande, obteñen 1.500 euros cada un. A Sociedade de Caza e Pesca é a cuarta entidade na distribución da partida, con 12.000 euros, seguida xa de lonxe polo Club Natación Lalín, con 2.500, e o Rugbi Lalín, con 1.850. Completan a lista de sociedades deportivas subvencionadas o Club Tenis Avantaxe (1.500 euros), Escola Atletismo Deza (1.500), Tenis de Mesa Lalín (1.450), BasketDeza (1.450), F.S. Bar Recreo (945), Motoclube Lalín (598), Móvete Na Moto (598), Fútbol Sala Feminino (587) e Alambike (580). Desde o Concello se informa que a partida desgranada se destina non só ao normal funcionamento dos clubs, senón tamén á organización de eventos. Por iso, resulta estraño non atopar, entre outras, as partidas municipais dedicadas a colaborar coa organización do Rali do Cocido ou co inminente I Enduro Concello de Lalín.