«Un novo curso cheo de anticiclóns e poucas borrascas»

Pamela M. a estrada

DEZA

MARCOS MÍGUEZ

En dous minutos | Santiago Pemán visita os institutos de A Estrada O famoso meteorólogo galego vai a por en marcha un Museo do Tempo

20 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Santiago Pemán, máis coñecido como o home do tempo, acudíu onte a A Estrada para participar na presentación do novo curso que os tres institutos estradenses organizaron para os alumnos da ESO. Pemán centrou a súa conferencia no cambio climático que se está a producir e na necesidade de gastar menos auga e cedeulle tamén a palabra aos asistentes, que tiveron a oportunidade de preguntarlle todo tipo de cousas relacionadas co tempo. Como non podía ser doutro xeito, non faltou que lle preguntase cal era a predición do tempo para a fin de semana, que polo visto ven cargada de chuvascos, nin quen lle pedise un autógrafo. Santigo Pemán visitaba o IES Antón Losada Diéguez por segunda vez e sinalou que «para min e todo un honor que me conviden a vir» e aproveitou para desexarlle a todos os alumnos «un novo curso cheo de anticiclóns e poucas borrascas». Ademais de levar consigo as previsións meteorolóxicas, Santiago Pemán está cargado de ilusións e novos proxectos. Así, o meteorólogo máis coñecido de toda Galicia, está traballando para por en marcha un Museo do Tempo, donde amosará os seus instrumentos meteorolóxicos máis antigos e no que ten previsto instalar unha réplica do meteosat a tamaño real, con 3,5 metros de altura, e un globo sonda. Pemán quere achegar aos máis pequenos todo o vinculado co mundo da meteoroloxía e espera poder contar ademais cunha aula na poder explicar como se fan as predicións do tempo, como se mide a chuvia ou como se facían antes os mapas.