Guadi Galego chega este venres ao Principal co espectáculo Síntese Horizonte
DEZA

As entradas pódense mercar xa no departamento de Cultura do concello da Estrada
25 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Guadi Galego, unha das voces femininas máis destacadas e con maior proxección na escena galega, chega este venres ao teatro Principal da Estrada para ofrecer o espectáculo Síntese Horizonte, una aposta da propia intérprete pola evolución do seu son. As entradas están xa á venda no departamento municipal de Cultura do Concello da Estrada, con un prezo de 10 euros.
Autora de temas tan coñecidos como Matriarcas ou Chea de vida, Guadi Galego lanzou en setembro de 2023 o seu sinxelo O.D.A., co que emitiu a súa propia mensaxe ao mundo, confirmando que continúa atravesando etapas pensadas para abrir novos horizontes. Con Síntese Horizonte achega un espectáculo concibido expresamente para representar en directo.
Deste xeito, a artista estará sobre as táboas do Principal acompañada por unha portentosa banda e cunha produción que destaca pola súa coidada iluminación e posta en escena. A proposta pasou xa por algunhas das principais cidades galegas, colgando en varias delas o cartel de «entradas esgotadas». A xira deste espectáculo rematará en outubro deste ano na sala Capitol de Santiago.