
O responsable da entidade anuncia un disco para celebrar o centenario
24 ene 2014 . Actualizado a las 12:47 h.Arturo Lamas (Ferrol, 1972) leva 25 anos no Real Coro Toxos e Froles que en maio celebrará o seu 99 cumpreanos. Como cada tempada están a punto de comezar cunha programación cultural que pretenden asentar cunha actuación o derradeiro sábado de cada mes. A primeira será este sábado no Jofre.
-¿Como pensan celebrar os seus 99 anos?
-Inda o estamos pensando, pero está claro que haberá un gran festival no Jofre en maio, que é cando se conmemora o nacemento do coro. Ademáis, estamos preparando un disco recopilatorio para o centenario, que é o ano que ven. Este pasado fin de semán fumos a gravar a Gondomar a Casa de tolos e en marzal eles virán a continuar co traballo en Ferrol. Neste disco levaremos un repertorio novedoso con cancións que se rexistraron por primeira vez nos anos 20, queremos facer un recorrido musical histórico.
-Terán a membros con grandes traxectorias...
-A verdade é que así é; eu mesmo levo 25 anos e o noso abandeirado, Miguel Vázquez, máis de 50. Estamos moi orgullosos diso. A formación comenzou con 13 personas, pero dende fai moitos anos non baixamos de 40, agora mesmo a masa coral está formada por 45 persoas.
-¿Cómo se consegue manterse como institución durante tantas décadas e en intres difíciles?
-Somos un dos coros galegos que quedan de principios de século e o único da cidade que viste o traxe tradicional, ademáis somos os que mantivemos moita da música tradicional de Galicia. Eu penso que o noso valor pasa por recuperar o que é propio do pobo, investigar sobre estas pezas para despois devolvelo a sociedade de novo.
-¿Cal é a peza que nunca fala no seu repertorio?
-O himno galego, porque fomos os primeiros de Galicia en interpretalo no ano 22. Penso que polo traballo de formacións como a nosa o himno actual é tal e como é.
-¿Que outras cousas pensa que aportou a formación?
-No ano 20 incorporáronse as mulleres e tamén fomos uns pioneiros niso, porque houbo unha gran relación cos movimientos feministas. De feito, Toxos e Froles organizou unha colecta para crear o monumento adicado a Concepción Arenal que pervive na avenida de Esteiro. E tamén houbo relación con Emilia Pardo Bazán. Nesta primeira etapa comenzaron actuando vestidas co traxe rexional nas produccións dunha sección de teatro que xa non existe, porque se perdeu nos anos setenta.
entrevista arturo lamas, presidente d0 real coro toxos e froles