Xosé A. Touriñán: «Nesta obra saen moitas cousas boas do fútbol e tamén esa trastenda que ten este deporte... como en Fariña con humor»

Bea Abelairas
B. abelairas FERROL / LA VOZ

FERROL

Basilio Bello

 Chega ao Pazo da Cultura de Narón con dúas funcións: unha o venres e outra o sábado, 26, as 21 horas

25 nov 2022 . Actualizado a las 19:44 h.

Xosé A. Touriñán é un dos actores que dan vida a obra Recortes, caneos e outras formas de driblar, unha coprodución do Centro Dramático Galego (e Ainé), dirixida por Tito Asorey, que chega ao Pazo da Cultura de Narón con dúas funcións: unha o venres e outra o sábado, 26, as 21 horas.

—En que se parece esta obra a anterior, Fariña?

—Somos case o mesmo equipo e tamén se basea nun traballo de Nacho Carretero, pero que non está publicado, neste caso vai primeiro a peza teatral. É un libro sobre historias e aspectos no tan bonitos do mundo do fútbol: apostas, lesións, os medos a dar a coñecer a orientación sexual, presións... Nesta obra saen moitas cousas boas do fútbol e tamén esa trastenda que ten este deporte... como en Fariña todo se conta con moito humor e bailamos, cantamos, facemos de todo no escenario.

—Atraerá a afeccionados?

—Tanto Nacho como eu somos moi futboleros. Na obra se retrata esa esta parte máis escura, menos contada, pero tamén a paixón que nos fai sentir aos que nos gusta. Todo mesturado co que nós facemos habitualmente, show, espectáculo... É unha comedia musical en directo que tamén foi un reto para min, porque me fixo facer cousas novas, saír da miña zona de confort.

—A xira vai tan ben como a anterior, que esgotou entradas...

—Quedan moitas paradas: Coruña, Ferrol, todo o sur de Galicia, pero estamos moi contentos.